XXXIX Circuitos teatrais Celso Parada: Caídas, de Redrum Teatro
Concello: Moaña
Lugar: Auditorio do IES As Barxas, Rúa Fonte do Unicornio2
Caídas, de Redrum Teatro, trata o Patronato de Protección á Muller e a memoria das mulleres represaliadas durante o franquismo. Tamén forma parte de Moaña con Memoria. Drama de 80 minutos dirixido por Marián Bañobre, con Mela Casal, Sheyla Fariña, Neves Rodríguez e Raquel Crespo. Baseado no ensaio de Montse Fajardo e noutra documentación, reconstrúe as lembranzas e testemuños das mulleres privadas de liberdade polo Patronato de Protección de la Mujer entre 1941 e 1985, baixo o pretexto da súa reeducación moral. Entrada gratuíta, con reserva previa na web municipal: https://concellodemoana.org.