BuMoCa

DESCUBRE MOAÑA OUTONO: A Moaña mariñeira

sábado, 24 de outubro de 2026 · 10:30 - 13:30

Concello: Moaña

Lugar: Paseo Marítimo de Moaña

Ruta guiada gratuíta do programa Descubre Moaña no outono 2026. Inscrición previa por WhatsApp no 611 080 853, indicando nome completo, ruta e número de persoas. Prazas limitadas a 30 participantes. Percorrido etnográfico de 2,6 km de ida e dificultade baixa, axeitado para ir en familia, desde a nave do club de remo SD Tirán ata o museo aberto das Carreiras de Meira. Coñeceranse a pesca tradicional, o Pósito de Moaña, a figura de José Costa Alonso e os naufraxios da vila, pasando pola carpintería de ribeira de Carlagho.

Información no calendario

Ver todos os próximos eventos