Rechouchíos: A cabra montesina con Erea Mora
Concello: Moaña
Lugar: Centro Sociocultural de Meira, Moaña
Conto teatralizado para público a partir de 3 anos. Unha nai e as súas fillas viven unha aventura a partir da preparación dun cocido galego. Con interpretación en lingua de signos de XOGA. Programa municipal Rechouchíos para público infantil e familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organizan as concellarías de Normalización Lingüística, Cultura e Igualdade.