As viaxes máxicas de Charly Braun/ Mago Charly Braun. BPM de Coiro
Concello: Cangas
Lugar: Sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal de Coiro, Cangas
Espectáculo de maxia e libros co Mago Charly Braun, no que as historias cobran vida sobre o escenario e a biblioteca se transforma nun espazo de ilusión, sorpresa e imaxinación. Actividade presencial para público familiar de todas as idades, cunha duración de 60 minutos. Organiza a Axencia de Lectura Municipal de Coiro dentro do Mes das Bibliotecas e Ler Conta Moito.