SAN MARTIÑO: XXIX Carreira Pedestre — Infantil
Concello: Bueu
Lugar: Avda. de Montero Ríos, á altura do Museo Massó, Bueu
XXIX Carreira Pedestre de San Martiño, organizada polo Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Concello de Bueu. Proba infantil para persoas nacidas en 2013–2014, cun percorrido de 1,5 km. Inscrición gratuíta. Inscrición en CCNorte ata o 3 de novembro ás 23:59. Recollida de dorsais desde as 16:00 na zona de saída e ata 30 minutos antes de cada proba. Cómpre estar na saída 10 minutos antes. Os horarios poden variar ata 10 minutos segundo o desenvolvemento das probas. Non se precisa licenza federativa.