Cineclub: Tres amigas
Concello: Bueu
Lugar: Centro Social do Mar, Rúa Montero Ríos, Bueu
Proxección de «Tres amigas», de Emmanuel Mouret (Francia, 2024), en versión orixinal subtitulada, organizada polo Cineclub Bueu coa Filmoteca de Galicia. Joan xa non está namorada de Víctor por non estar sendo honesta con el. Alice, a súa mellor amiga, tranquilízaa asegurándolle que ela mesma non sente paixón pola súa parella Eric e, con todo, a súa relación vai vento en popa. Ela ignora que el ten unha aventura con Rebeca, a súa amiga común… Cando Joan decide finalmente deixar a Victor e este desaparece, as vidas e as historias das tres amigas dan unha volta. Socias e socios anuais: de balde; cota para socias e socios de sesión: 2 €.