BuMoCa

Presentación do libro «La chica del lago», de Mikel Santiago

mércores, 21 de outubro de 2026 · 19:00 - 20:00

Concello: Bueu

Lugar: Centro Social do Mar, Rúa Montero Ríos, Bueu

A Libraría Miranda organiza esta presentación de Mikel Santiago, acompañado por Pedro Feijoo. Quintana Torres é unha escritora de éxito. Os medios coñécena como «a nova reina do thriller». Durante unha sinatura de exemplares de Bilbao, achégase a ela un antigo compañeiro do instituto e entrégalle un misterioso sobre negro. Dentro hai unha fotografía do diario de Alba, a adolescente morta en estrañas circunstancias cuxa historia inspirou a novela máis coñecida de Quintana: La chica del lago. Este achado levará á escritora a cancelar a súa xira promocional e regresar á vella casa do seu pai en Urkizu, unha pequena vila do interior do País Vasco no que aconteceu todo. Foi alí onde, durante a Noite de San Juan de 1999, Alba desapareceu para sempre e, con ela, ese diario enigmático que leva sempre consigo.

Información no calendario

Ver todos os próximos eventos